ED. FÍSICA

Despedindo o curso

Parece mentira que o tempo pasara tan rápido, pero o curso xa rematou. No vos esquezades de xogar cos amigos, nadar, ir en bicicleta e pasalo o mellor posible durante as vacacións.
Aos que cambian de centro espero que todo vaia xenial e que veñades de visita para contarme as vosas experiencias no Instituto.
E aos demais véxovos en setembro con moitas enerxías!
 

Pasapalabra

Para esta derradeira semana propoño unha actividade diferente, porque ademais do corpo, a mente tamén debe traballar un pouco! 
Mediante o seguinte enlace accederes a un rosco de Pasapalabra sobre os Xogos Olímpicos. Espero que saibades moitas respostas!

Debuxamos?

Xa vai quedando pouco para rematar o curso, polo que me pareceu unha boa idea poñervos a debuxar un pouco. Pero tede coidado, non é tan sinxelo como pensades!

Utilizando o noso maxín


Que mais poderemos faces coas vasoiras?? Pois aínda que non volo creades, aínda quedan moitas posibilidades! Espero que alguén da familia se anime a xogar con vós, porque de seguro pasades un bo rato!

Seguimos traballando

Que non decaia o ritmo, o movemento e a utilización de materiais que temos na casa. Esta vez poderedes comprobar o sinxelo que é montar un pequeno circuíto con botellas de auga e paus de vasoiras. 


Novos materiais


Cando facemos educación física, soemos empregar diferentes tipos de balóns, cordas, raquetas, etc. Por sorte non son os únicos materiais cos que podemos pasalo ben xogando. Nas actividades que vos propoño hoxe, veredes como cun simple pano de cociña, podemos facer xogos moi sinxelos e divertidos.



Que calor!

Parece que xa chegou o verán, e non hai nada mellor para combater a calor que xogar con globos de auga! No seguinte vídeo atoparedes un par de propostas que de seguro van facer que o pasedes en grande! E ademais desas dúas, está o clásico xogo da bomba, que consiste en ir pasando o globo ata que estoupe.
Non vos esquezades de recoller os restos dos globos unha vez estoupen, hai que pasalo ben respectando o lugar no que xogamos e deixando todo mais limpo aínda do que o  atopamos.



As cadeiras dan moito Xogo

Aquí vai unha nova proposta de actividade física para facer na casa. Xa sei que agora saídes e xogades na rúa, pero na casa podedes e debedes seguir movéndoos! No seguinte vídeo aparecen 3 propostas moi divertidas para facer con cadeiras. Espero que as vosas familias se animen a xogar con vós!

 

Novas experiencias

Cantos de vos coñecedes o Ioga? Penso que non moitos, por iso vos mando unha sesión moi sinxela para que practiquedes! Espero que vos guste.

O meu xogo preferido


Todos sabedes canto me gusta facer xogos con aros todos seguidos para que traballen os pes. É por iso que o traballo de hoxe vai adicado a vós, porque sei que botades de menos eses exercicios! Un pouco de forza-resistencia e coordinación non nos ven nada mal!

O mais rápido


A velocidade de reacción é unha cualidade moi importante na nosa vida. Que pasaría se vemos que algo vai caer enriba de nós? que a nosa cabeza pensa unha solución e fai que o noso corpo se mova rapidamente para evitar o golpe dese obxecto na cabeza, canto mellor sexa a nosa velocidade de reacción, mais rápido reaccionaremos.
Aquí tedes un xogo moi sinxelo para poder mellorar a vosa velocidade de reacción.

Simón di

 

A proposta de hoxe é un xogo coñecido por todos: Simón di. Estade atentos ao vídeo e xa veredes que divertido pode chegar a ser.



Explorar o noso corpo


Agora que xa podemos saír da casa, non significa que non teñamos que seguir facendo traballo físico. O que vos propoño hoxe son uns movementos de equilibrio. É moi importante que vos fixedes, ademais da execución do movemento, das sensacións que vos producen esas sensacións de equilibrio: son quen de facelo sen bailar (pequenos movementos que nos axudan a manter o equilibrio), hai un lado do corpo no que estou mais estable, preciso agarrarme para non caerme, síntome con confianza na posición de equilibrio...



Podedes mandarme as vosas impresións ou vídeos ao correo do cole ceip.osello@edu.xunta.es

A semana dos desafíos

 
Desafiar segundo a Real Academia Galega significa provocar unha competición. E iso é o que quero facer con vos, que tratedes de competir contra vós mesmos e desenvolver o voso espírito de sacrificio e superación ou ben desafiar as vosas familias para rirvos un pouco. Desexo que sexades quen de facelos!!!!!!

https://www.youtube.com/watch?v=sW0HWQBCdp8
https://www.youtube.com/watch?v=CexLF5BG2RA
https://www.youtube.com/watch?v=VDXWI90BCyw

https://www.youtube.com/watch?v=VDXWI90BCy

https://www.youtube.com/watch?v=644eJFH0Uxk

 Bailamos?

Toca bailar un pouco esta semana, é a mellor maneira de mover todo o corpo á vez!
A continuación póñovos uns enlaces nos que accederedes a un vídeo no que teredes que imitar os movementos.
  1. Coreografías Infantiles
  2. La sirenita
  3. Aladín
  4. I gotta a feeling
  5. Waka, waka
  6. La macarena
  7. Un poco loco
  8. Vaiana
  9. Froozen
  10. Disney Party
  11. Mary Poppins
  12. Cenicienta
  13. Piratas
  14. Baby Shark
  15. Happy Pharrel
  16. Reto para niños.

    Atoparedes mais cancións buscando en Youtube a canción que mais vos guste seguido de "Just Dance". Explora e pásao ben movendo o esqueleto!

Onde están os teus balóns


Na casa non é o mellor lugar para xogar cun balón, pero cos exercicios que bos propoño a continuación non teredes ningún perigo de romper nada accidentalmente.


 

A mover o corpo


Que vos parece se movemos o esqueleto? Aquí tedes un vídeo con algunhas ideas! Unha proposta: Canto tardas en facer cada un dos exercicios? Podes mellorar o teu tempo nos seguintes intentos?

 

  Xogamos á Oca


Preme na imaxe e poderás acceder ao xogo da Oca, reta á túa familia. Quen é o primeiro en chegar á meta superando todos os retos???? Sorte a todos!

https://view.genial.ly/5e73b3c24aba9c1b7b82bc6c

 

Benvidos Arácnidos


Sabedes xogar á Tea de Araña? Explico como montar a nosa tea de araña e despois seguro que sabedes xogar
  1. Necesitamos buscar un espazo estreito onde poder montar a nosa tea de araña: o corredor é o lugar ideal!
  2. Buscade fíos, serpentinas, cordeis ou calquera outra cousa semellante e algo para pegalos na parede (celo, esparadrapo ou masilla adhesiva reutilizable).
  3. Unha vez que temos o espazo e o material, empezamos a montar a nosa tea de araña, fixádevos na foto para facervos unha idea. Se queredes que o xogo sexa moi complicado, xuntade moito os fíos e se queredes que sexa mais sinxelo seperádeos un pouco mais.



Pois xa está todo preparado para empezar a xogar. Quen de vos é capaz de ir dun lado a outro do corredor sen tocar a tea de araña? Un consello, non o saquedes durante todo o día e así poderedes comprobar se as vosas familias tamén poden facelo!



Movéndonos na casa


Non todo vai ser coller o lapis e a goma, tamén hai tempo para facer algo de exercicio, para que cando volvades esteades un pouco en forma! Deberiades facer todos os días media horiña polo menos de exercicio.

  • The Body Coach TV en Youtube: este canal ten un espazo chamado Kids Workouts To Do At Home. Son 5-10 minutos de exercicio que podedes facer todos xuntos en familia. Os vídeos están en inglés, pero o movemento ten unha linguaxe universal.


  •       @yomemuevoencasa é unha conta de Instagram que xurdiu ante a necesidade de facer exercicio na casa para manter o noso corpo activo. O que debedes facer é adaptar a velocidade dos movementos as vosas capacidades (nalgunhas ocasións utilizan algo de peso, vos non collades nada!) Seguro que os vosos pais teñen unha conta a través da cal podedes seguir esta iniciativa.
  •     Por último para que traballe un pouco o corazón (traballo aeróbico) podemos buscar coreografías de ZUMBA en Youtube. Hai moitas coreografías, podedes escoller a que mais vos guste, pero empezade escollendo as de principiantes ou as preparadas para nenos para poder ir collendo o truco. Mais adiante xa iredes buscando outras mais complicadas. Neste canal chamado MundoGuyi hai coreografías sinxelas para que vaiades empezando.

 

1 comentario:

  1. MOITAS GRAZAS PROFE ANA!!! UNHAS PROPOSTAS DO MÁIS DIVERTIDAS PARA FACER ALGO DE EXERCICIO NESTES DÍAS DE CUARENTENA!!!
    ;)

    ResponderBorrar